AVISOS
25/09/2019
#ODEséate
Campaña de difusión da Axenda 2030

O Consejo de Cooperación Bibliotecaria (CCB), como aliado do Alto Comisionado para a Axenda 2030, colabora coa difusión da campaña #ODEséate que, con motivo do cuarto aniversario da aprobación da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas, está a desenvolverse do 16 ao 27 de setembro.

O CCB uniuse a esta iniciativa coa difusión dos proxectos gañadores da distinción do Selo CCB, como mostra de como as bibliotecas están a contribuír á consecución dalgún dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.

O Consejo de Cooperación Bibliotecaria e a Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro da Consellería de Cultura e Turismo anima a todas as bibliotecas a participar na difusión desde os vosos perfís en twitter e a etiquetar ao @CCBiblio coas publicacións nas que mostredes como estades a contribuír á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da Axenda 2030 da ONU (e non esquezades o #ODEséate).

 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS