AVISOS
11/05/2020
Orde do Ministerio de Sanidad e Recomendacións do Ministerio de Cultura y Deporte
Publicada a Orde do Ministerio de Sanidad e as Recomendacións do Ministerio de Cultura y Deporte coas condicións para a reapertura ao público das bibliotecas situadas en territorios que se atopen na Fase 1

O sábado 9 de maio publicouse no BOE a Orde SND/399/2020, de 9 de maio, do Ministerio de Sanidad coas condicións para a reapertura ao público das bibliotecas ubicadas en territorios que se atopen na Fase 1.

Así mesmo, o Ministerio de Cutura y Deporte difundiu este domingo 10 de maio Recomendaciones: condiciones para la reapertura al público de las bibliotecas ubicadas en territorios Fase 1

Finalmente, o Consello da Xunta aprobou o pasado venres 8 de maio o Protocolo polo que se establece a reincorporación dos empregados públicos ao traballo presencial e as medidas de prevención fronte ao COVID-19, dirixido a todo o persoal da Xunta de Galicia.

Toda a información completa na ligazón que atoparedes embaixo.