O 14.02.2023 presentouse na Cidade da Cultura o novo servizo de biblioteca móbil que complementará a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
A través de dúas “furgotecas”, prestaranse todos os servizos propios dunha biblioteca en poboacións que, polo seu pequeno tamaño, non teñen obriga de contar con este equipamento de forma fixa. Dúas veces ao mes, situarase nas zonas máis concorridas de cada localidade e tamén realizará un percorrido polas aldeas cun servizo personalizado porta a porta.
Onde estará a furgoteca?
• En Lugo: Baleira, Cervantes, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela.
• En Ourense: Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, Oímbra, Trasmiras e Vilardevós.
Que servizos prestará?
Como calquera outro centro bibliotecario, achega materiais e servizos diversos como os seguintes:
• Préstamo de libros, revistas, audiovisuais, videoxogos e outros materiais, como tabletas, consolas e lectores de libro electrónico, para facilitar o acceso aos contidos dixitais
• Asesoramento e recomendacións de lectura.
• Xestión de carnés de usuario/a.
• Formación, acompañamento e resolución de dúbidas no eido dixital.
• Organización de actividades culturais: obradoiros, clubs de lectura, contacontos, certames e moitos máis.
Máis información: cultura.gal/furgoteca