AVISOS
07/03/2018
Premio Biblioteca Pública do ano 2018
Logo Premio Biblioteca Pública do ano 2018
IFLA/Systematic Public Library of the Year Award 2018

A IFLA e Systematic convocan o Premio Biblioteca Pública do ano 2018, unha convocatoria destinada a calquera biblioteca (de nova construcción ou construida nun edificio que non tivese uso bibliotecario) que se finalizase entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de decembro de 2017.

O período de presentación de solicitudes comenzou o pasado día 1 de marzo deste ano e rematará o próximo 15 de maio.

A biblioteca gañadora recibirá 5000$ e o premio farase público e entregarase no vindeiro mes de agosto, no próximo Congreso da IFLA que terá lugar en Kuala Lumpur.

Hai 6 criterios de puntuación:

  • Interacción coa contorna e a cultura locais.
  • Calidade arquitectónica.
  • Flexibilidade
  • Sostibilidade
  • Espazos de aprendizaxe
  • Desenvolvemento dixital

Podedes acceder á páxina web do premio premendo na seguinte ligazón: https://systematic.com/library-learning/nyheder/2018/public-library-of-the-year/

Animádevos a participar!

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS