AVISOS
04/03/2019
Premio Biblioteca Pública do ano 2019
Premio Biblioteca Pública do ano 2019
IFLA Public Library of the Year Award 2019

A IFLA e Systematic convocan o Premio Biblioteca Pública do ano 2019, unha convocatoria destinada a calquera biblioteca (de nova construcción ou construída nun edificio que non tivese uso bibliotecario) que se finalizase entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de decembro de 2018.

O período de presentación de solicitudes remata o 15 de abril.

A biblioteca gañadora recibirá 5000$ e o premio farase público e entregarase no vindeiro mes de agosto, durante a celebración do próximo Congreso da IFLA que terá lugar en Atenas.

A peculiaridade deste premio é que aúna nun só galardón a arquitectura e a calidade do servizo bibliotecario.

As bibliotecas avalíanse en función de 6 criterios diferentes:

  • Interacción coa contorna e a cultura locais
  • Calidade arquitectónica
  • Felxibilidade
  • Sostibilidade
  • Espazos de aprendizaxe
  • Desenvolvemento dixital

Tamén se valorará de que maneira reflicte a biblioteca a Axenda 2030 das Nacións Unidas para o Desenvolvemento sostible e a Visión Global da IFLA.

Podedes acceder á páxina web do premio premendo na seguinte ligazón: https://www.ifla.org/node/29023

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS