AVISOS
18/02/2019
Premio "Biblioteca pública e compromiso social"
Fundación Biblioteca Social
Finalistas da quinta edición

Hoxe fixéronse públicos os proxectos finalistas da 5ª edicion do premio Biblioteca pública e compromiso social, e novamente temos que facerlle chegar desde aquí os nosos parabens a dúas bibliotecas galegas. Finalistas desta edición son:

  • Biblioteca fácil. Rede Bibliotecas Municipais de Llíria (Valencia). Colectivos: Discapacidade. Persoas maores. Saúde mental
  • Biblioterapia: leer es salud. Rede de Bibliotecas Públicas Municipais de Motril (Granada). Colectivo: Saúde mental

  • Déjame que te cuente. Bibliotecas Municipais de Huesca. Discapacidade. Persoas maiores

  • Leobén. Biblioteca Municipal Agora (A Coruña). Colectivos: Infancia e adolescencia en risco de exclusión. Discapacidade

  • Más allá de los libros. La biblioteca Ricardo León y los 17 ODS. Biblioteca Pública de Galapagar (Madrid). Colectivos: Infancia e adolescencia en risco de exclusión

  • Quiero trabajar aquí. Biblioteca Pública Municipal Jose Saramago de Madrid. Colectivos: Discapacidade e inserción sociolaboral

  • Traços de vida. Taller d’escriptura creativa. Biblioteca Marcel·li Domingo de Tortosa (Tarragona). Colectivos: Adolescencia en risco de exclusión. Discapacidade. Saúde mental

  • Voluntariado Cultural con chic@s, para el fomento de la lectura. Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín (Ourense). Colectivos: Infancia e adolescencia en risco de exclusión. Minorias étnicas

A mediados do mes de marzo daranse a coñecer os gañadores do premio.

Noraboa á Biblioteca Municipal Ágora da Coruña e a Biblioteca Municipal do Concello de Verín.

Podedes acceder á información na seguinte ligazón: https://fundacionbibliotecasocial.org/es/convocatoria-5a-ed-premio-biblioteca-publica-compromiso-social-2/