AVISOS
18/03/2019
Premio "Biblioteca pública e compromiso social"
Fundación Biblioteca Social
Resolución do xurado da quinta edición

O pasado día 14 de marzo o xurado da quinta edición do premio "Biblioteca pública e compromiso social" fixo público o veredicto polo cal outorga o premio desta quinta edición ao proxecto "Biblioteca fácil" da Red de bibliotecas municipales de Llíria (Valencia).

Segundo a acta do xurado o proxecto "iniciado no ano 2005 e xestionado polo persoal das bibliotecas, diríxese a tres colectivos: persoas con discapacidade, enfermos mentais e persoas de idade avanzada afectados de Alzheimer. Todos eles reciben un tratamento inclusivo e normalizado". Afirma o xurado que se trata dun proxecto "sólido, ben construído e documentado" que constitúe "un verdadeiro proxecto de poboación, no que, por iniciativa da biblioteca, dotada de notable capacidade integradora e de coordinación dos diversos axentes participantes, a lectura e a literatura, se convirten na eficaz ferramenta de incardinación e intervención na rede social". Destácase tamén na acta "a participación sistemática e continuada de escolares de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria no clube de lectura nunha meritoria labor de caracter interxeracional".

Ademais, concedeu un accesit ao proxecto "Déjame que te cuente" das Bibliotecas municipales de Huesca, de amplio alcance e moito e discreto esforzo conxunto por implicar á Rede de Bibliotecas e a trece entidades sociais.

Este ano foron dúas as bibiotecas galegas que conseguiron facerse un oco entre os seis finalistas do premio:

- Biblioterapia: leer es salud. Red de Bibliotecas Públicas Municipales de Motril (Granada). Saúde mental.

- Leobén. Biblioteca Municipal Ágora (A Coruña). Infancia e adolescencia en risco de exclusión social, discapacidade.

- Más allá de los libros. La biblioteca Ricardo León y los 17 ODS. Bibioteca Pública de Galapagar (Madrid). Infancia e adolescencia en risco de exclusión social.

- Quiero trabajar aquí. Biblioteca Pública Municipal José Saramago de Madrid. Discapacidade e inserción laboral.

- Traços de vida. Taller d'escriptura creativa. Biblioteca Marcel·li Domingo de Tortosa (Tarragona). Adolescencia en risco de exclusión. Discapacidade. Saúde mental.

- Voluntariado cultural con chic@s, para el fomento de la lectura. Biblioteca Municipal do Concello de Verín (Ourense). Infancia e adolescencia en risco de exclusión. Minorías étnicas.

Polo tanto, un ano máis queremos trasladar os nosos parabéns á Biblioteca Municipal Ágora da Coruña, e á Biblioteca Municipal de Verín.

Podedes acceder a toda a información na seguinte ligazón: Resolución quinto premio Biblioteca Pública e Compromiso Social.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS