AVISOS
28/10/2019
Premio "Biblioteca pública e compromiso social"
Fundación Biblioteca Social
Sexta edición

A Fundación Biblioteca Social convoca a sexta edición do premio "Biblioteca pública e compromiso social", abrindo o prazo de presentación dos proxectos ata as 14.00 h do día 13 de decembro deste ano 2019.

O obxectivo deste premio é impulsar e dar visibilidade a proxectos de bibliotecas públicas dirixidos a persoas e colectivos que viven situacións de vulnerabilidade ou conflictividade social, e que pretendan paliar os desequilibrios sociais coa súa posta en marcha.

O premio está dotado con 1200 euros e poderá concederse un accesit de 600 euros que deberán destinarse en ambos os dous casos aos proxectos premiados. Ademais, a fundación producirá un vídeo duns 5 minutos de duración sobre o proxecto gañador para facer difusión a través de diversas canles.

Podedes consultar as bases da convocatoria e acceder aos formularios de presentación das candidaturas na páxina web da Fundación Biblioteca Social.

Desde aquí animamos a todas as bibliotecas a participar!