AVISOS
19/05/2020
Proceso de reapertura das bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia
As bibliotecas os seus servizos progresivamente

O luns 18/05/2020, as bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia (Biblioteca Pública da Coruña Miguel González-Garcés, Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, Biblioteca Pública de Lugo, Biblioteca Pública de Ourense, Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola e Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel) abriron ao público.

Ofrecen, previa cita, os servizos de préstamo, devolución e emisión de carnés. Así mesmo, atenden as consultas bibliográficas por correo electrónico e por teléfono.