AVISOS
18/05/2020
Proceso de reapertura dos servizos das bibliotecas públicas e medidas fronte ao COVID-19
Publicada a nova Orde do Ministerio de Sanidad, as Recomendacións do Ministerio de Cultura y Deporte actualizadas e o Protocolo para o reinicio da actividade presencial nas bibliotecas xestionadas pola Xunta de Galicia

O sábado 16 de maio publicouse no BOE a Orde SND/414/2020, de 16 de maio, do Ministerio de Sanidad, coas condicións para o desenvolvemento da actividade nas bibliotecas situadas en territorios que se atopen na Fase 2.

Así mesmo, o Ministerio de Cultura y Deporte difundíu este domingo 17 de maio Recomendaciones: condiciones para la reapertura de servicios al público en las bibliotecas ubicadas en territorios en Fases 0,1 y 2, así como un cartel dirixido aos lectores coas recomendacións para un uso responsable das bibliotecas públicas durante as fases 0 e 1.

Finalmente, e para o persoal das bibliotecas xestionadas pola Consellería de Cultura e Turismo, o Centro de Coordinación Operativa (CECOP), da Xunta de Galicia, aprobou o 16 de maio o Protocolo polo que se establece o reinicio da actividade presencial dos Arquivos, Museos e Bibliotecas de xestión da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e se establecen medidas preventivas fronte ao COVID-19