AVISOS
02/06/2020
Proceso de reapertura dos servizos das bibliotecas públicas e medidas fronte ao COVID-19
Publicada a nova Orde do Ministerio de Sanidad e as Recomendacións do Ministerio de Cultura y Deporte actualizadas

O sábado 30 de maio publicouse no BOE a Orde SND/458/2020, de 30 de maio, do Ministerio de Sanidad, coas condicións para o desenvolvemento da actividade nas bibliotecas situadas en territorios que se atopen na Fase 3.

Así mesmo, o Ministerio de Cultura y Deporte difundíu as Recomendaciones: condiciones para la reapertura de servicios al público en las bibliotecas ubicadas en territorios en Fases 0,1,2 y 3, así como un cartel dirixido aos lectores coas recomendacións para un uso responsable das bibliotecas públicas durante a fase 2.