AVISOS
02/08/2019
Resolución Ler Conta Moito - Igualdade e loita contra a violencia de xénero 2019

O vindeiro día 8 de agosto sairá publicada no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 31 de xullo pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 26 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura que promovan a igualdade entre homes e mulleres e/ou a loita contra a violencia de xénero nas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Máis información en: Axudas e subvencións