AVISOS
09/02/2021
Sistema de xestión do catálogo da Rede
Formación a través de vídeotitoriais

Esta formación foi creada co obxectivo de axudar ao persoal bibliotecario no manexo do Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Está especialmente enfocada ás bibliotecas integradas recentemente e ás que se integrarán proximamente, pero, á vez, é de utilidade como repaso para calquera outra biblioteca. Nela exponse como realizar as funcións principais dunha biblioteca no sistema de xestión bibliotecaria usado polo catálogo (programa Koha), pero tamén transmítense os procedementos adoptados pola rede.

A información baséase en vídeotitoriais e está dividida en catro grandes grupos (introdución, tratamento dos documentos, tratamento dos usuarios, xestións no catálogo), subdivididos en funcionalidades.

Toda a información no apartado desta web: Recursos para profesionais > Manual de uso do catálogo para profesionais