Publicada no DOG a Resolución do 16 de novembro de 2022 pola que se dá publicidade dos premios concedidos ao abeiro da Orde do 6 de maio de 2022 pola que se establecen as bases do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2022.
A resolución recolle a concesión do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia 2022 ao Concello de Soutomaior polo proxecto "Bibliofogar 2021-2022" da Biblioteca Pública Municipal Luis Seoane, na categoría de concellos de ata 10.000 habitantes, e ao Concello do Porriño polo proxecto "Acompañando na aventura de crecer: xornadas para familias e profesionais" da Biblioteca Pública Municipal do Porriño, na categoría de concellos de máis de 10.000 habitantes.
Podes atopar toda a información nas seguintes ligazóns: