AVISOS
24/05/2022
V Premio á innovación bibliotecaria de Galicia 2022
Convocatoria para a participación das bibliotecas

No Diario Oficial de Galicia de hoxe, 24/05/2022, publícase a Orde do 6 de maio de 2022 pola que se establecen as bases do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2022 (código de procedemento CT237A).

O premio á innovación bibliotecaria de Galicia ten como obxectivo impulsar e visibilizar os proxectos e boas prácticas innovadoras levadas a cabo polas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas municipais de Galicia, que busquen resultados positivos para a persoa usuaria e que sexan pertinentes e adecuados ao contexto local onde se implantan. Ademais, deberán ser innovadores, sostibles no tempo e replicables en condicións similares en situacións distintas.

Establécense dúas categorías en función da poboación do concello:

- Entidades locais que conten cunha poboación de ata 10.000 habitantes.

- Entidades locais de máis de 10.000 habitantes.

Cada categoría estará dotada cun premio de 3.000,00 € e un distintivo de biblioteca innovadora que se poderá colocar nun lugar visible da biblioteca, no seu blog, páxina web ou outros recursos dixitais.

O prazo de presentación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS