AVISOS
03/06/2019
V Premio Literario Nortear
Nortear 2019
Novos escritores de Galicia e Norte de Portugal

A Consellería de Cultura e Turismo, a Direção Regional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal, poñen en marcha unha nova edición do Premio Literario Nortear, un certamen que tende pontes de colaboración e permite que a xuventude galega e portuguesa estableza vías de diálogo entre as dúas literaturas.

Este premio ten como obxectivos:

  • Promover a aparición de novos escritores.
  • Incentivar a produción de obras inéditas no ámbito da ficción.
  • Incentivar a creatividade literaria entre os novos escritores residentes na eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.
  • Destacar, anualmente, obras literarias orixinais.
  • Promover a circulación e distribución de obras literarias máis a ló das fronteiras.

Poderán participar as persoas nacidas na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos, que deberán presentar as súas obras no seguinte enderezo:

Agrupación Europea de cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal
Edificio CETMAR,
Rúa Eduardo Cabello, s/n
36208 BOUZAS – VIGO
arodrigues@gnpaect.eu

Lembrámosvos que o prazo de presentación das obras será ata o 28 de xuño de 2019 (inclusive) e que podedes consutlar toda a información nas bases da convocatoria.