A Red de Bibliotecas Universitarias (REBIUN) exerce as funcións de representación na Comisión Técnica de Cooperación de Bibliotecas Universitarias do Consejo de Cooperación Bibliotecaria (CCB) do Ministerio de Cultura y Deporte e participa, á súa vez, en varios dos grupos estables e estratéxicos do mesmo. Dando cumprimento á vontade expresada no seu IV Plan Estratéxico, convócase de novo o Premio REBIUN, na súa quinta edición, co fin recuperar o recoñecemento ás boas prácticas no ámbito bibliotecario e de recoñecer os servizos e actividades das bibliotecas en contornas non universitarias de España.
O premio, dotado de 3000 € e impulsado pola Liña 4 de REBIUN–Axenda 2030 e pola Comisión Permanente de REBIUN, conta co patrocinio de Baratz e entregarase en Alacante o 24/05/2023, durante a XXX Conferencia anual REBIUN.
Debido a que este ano o prazo de presentación de proxectos é menor, desde o CCB e desde REBIUN animan ás bibliotecas que presentaron os seus proxectos, aínda activos, en convocatorias anteriores sen resultar premiadas, a presentalos de novo.
Ademais, para contribuír á súa difusión creáronse os hashtags #PremioREBIUN e #VPremioREBIUN.
O prazo de envío de propostas estará aberto ata o 30 de abril de 2023.