AVISOS
17/11/2023
VI Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia
Publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia

Publicada no DOG a Resolución do 8 de novembro de 2023 pola que se dá publicidade dos premios concedidos ao abeiro da Orde do 2 de maio de 2023 pola que se establecen as bases do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2023.

A resolución recolle a concesión do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia 2023 ao Concello de Cenlle polo proxecto Colaborando con el cole: biblioteca para tod@s da Biblioteca Pública Municipal de Cenlle, na categoría de concellos de ata 10.000 habitantes, e ao Concello de Betanzos polo proxecto Boa práctica Club de lectura da historia de Betanzos da Biblioteca Pública Municipal Alfonso Castelao de Betanzos, na categoría de concellos de máis de 10.000 habitantes.

Podes atopar toda a información nas seguintes ligazóns: