No Diario Oficial de Galicia de hoxe, 15/05/2023, publícase a Orde do 2 de maio de 2023 pola que se establecen as bases do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2023 (código de procedemento CT237A).
Co obxectivo de promover e dar difusión aos cambios substanciais que se están a desenvolver nas bibliotecas públicas para satisfacer as necesidades das persoas usuarias, preténdese recoñecer o labor das bibliotecas mediante a concesión dun premio aos proxectos ou boas prácticas innovadores que se están a realizar nas bibliotecas públicas galegas.
Establécense dúas categorías en función da poboación do concello no que se asente a biblioteca:
- Entidades locais que conten cunha poboación de ata 10.000 habitantes.
- Entidades locais de máis de 10.000 habitantes.
Cada categoría estará dotada cun premio de 3.000,00 € e un distintivo de biblioteca innovadora que se poderá colocar nun lugar visible da biblioteca, no seu blog, páxina web ou outros recursos dixitais.
O prazo de presentación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.