AVISOS
28/04/2021
VII Premio Literario Nortear
Novos escritores de Galicia e Norte de Portugal

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, no marco do programa europeo POCTEP, desenvolven o proxecto Nortear. Entre outras actuacións, contempla a convocatoria dun premio literario anual que vai pola súa VII edición en 2021. O premio vai dirixido a novos/as escritores/as de Galicia e do Norte de Portugal e ten unha dotación de 3.000 euros para a obra gañadora. Poderán participar as persoas nacidas en Galicia ou na Rexión Norte de Portugal, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.

Este premio pretende distinguir obras literarias orixinais co obxectivo de estimular o lanzamento de novos escritores, incentivar a creatividade literaria entre os mozos residentes na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal e promover a circulación e distribución de obras literarias alénfronteiras.

Coa finalidade de que poidades dar difusión a este premio entre os usuarios das vosas bibliotecas, achegamos as bases que regulan a convocatoria para este ano 2021, así como un díptico informativo cos requisitos de participación.

Toda a información pode ser consultada na web da Plataforma Nortear: https://nortear.gnpaect.eu/candidaturas/

Serán admitidas a concurso todas as obras presentadas online ata as 23.59 (hora española) do día 30 de xuño de 2021, a través da Plataforma Nortear: https://nortear.gnpaect.eu/candidaturas/