AVISOS
28/02/2020
VIII Convocatoria de Axudas a Proxectos de bibliotecas 2020
Aberto o prazo de presentación de proxectos

O Programa Iberbibliotecas, do que España forma parte, iniciou a súa VIII Convocatoria de Axudas a Proxectos de bibliotecas 2020.

 

O prazo de presentación estará aberto ata o 24 de abril de 2020.

 

 

 

Beneficiarios

  • Bibliotecas públicas, comunitarias e populares dos países e cidades membros: Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Ecuador, España, México, Paraguai, Perú, Quito e Medellín.
  • Asociacións, redes e sistemas de bibliotecas públicas ou comunitarias dos países ou cidades membros activos.
  • Organizacións públicas e privadas que presenten proxectos para o desenvolvemento de bibliotecas públicas ou comunitarias e redes de bibliotecas dos países e cidades membros activos (neste caso, débese incluír unha carta de aprobación ou informe favorable do proxecto por parte da Unidade Xestora responsable das bibliotecas ás que vai destinado o proxecto).
  • Cidades ou países non membros que presenten un proxecto conxunto cunha cidade ou país membro activo (neste caso, o proxecto deberá ser presentado por unha entidade da cidade ou o país membro activo).

 

Categorías de Proxectos

1. Proxectos para fortalecer redes e sistemas de bibliotecas nacionais, rexionais ou de cidades. Estes proxectos deberán estar orientados a cumprir un ou máis destes obxectivos:

a. Deseño de plans estratéxicos

b. Estudos de valor das bibliotecas

c. Estudos de avaliación de servizos

d. Deseño de plans de fomento lector

e. Desenvolvemento de estratexias de comunicación dixital

f. Definición de estándares de servizo

g. Plan de xestión de coleccións

2. Proxectos de planificación e desenvolvemento de servizos de extensión bibliotecaria. Enténdese como extensión bibliotecaria tanto bibliotecas móbiles como aqueles servizos bibliotecarios para comunidades sen acceso a estes servizos por motivos de reclusión, exclusión, discapacidade ou enfermidade que impidan o acceso a unha biblioteca estable. Os proxectos deberán estar asociados a unha biblioteca pública ou comunitaria.

3. Proxectos desenvolvidos en bibliotecas públicas, comunitarias ou populares vinculados directamente ao cumprimento dalgún dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)

 

Toda a información sobre a presentación dos proxectos en: http://www.iberbibliotecas.org/convocatorias/