AVISOS
12/07/2021
X Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas
Aberto o prazo para a presentación de resumos de comunicacións

O Ministerio de Cultura y Deporte, a través da Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria, organiza o X Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas, que terá lugar en Las Palmas de Gran Canaria os días 10, 11 e 12 de novembro de 2021 e se desenvolverá en formato híbrido (presencial e virtual). O  prazo para a presentación de resumos de comunicacións está aberto desde hoxe, 12 de xullo, ata o 15 de agosto ás 23:59 h.

Esta edición do Congreso ten en consideración os cambios e retos asociados ao contexto actual e ao futuro das bibliotecas públicas, polo que xirará ao redor de dous eixos temáticos ou fíos condutores: por unha banda, concepto e definición do novo paradigma das bibliotecas públicas; doutra banda,  a procura do equilibrio entre presencialidade e virtualidade nos servizos, actividades e labores realizadas polas bibliotecas públicas.

Máis información en:

Presentación - X Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas. 10, 11 e 12 de novembro de 2021. Las Palmas de Gran Canaria | Ministerio de Cultura e Deporte

Para calquera consulta, os interesados poden dirixirse ao correo da Secretaría Técnica do Congreso: congreso.publicas@cultura.gob.es