O Ministerio de Cultura y Deporte, a través da Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria, organiza o XI Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas, que terá lugar en Pamplona os días 18, 19 e 20 de outubro de 2023, co lema "Democracia, lectura e dereito á información". Esta edición do Congreso constitúe un excelente punto de partida para reflexionar sobre as tendencias emerxentes nas bibliotecas e as oportunidades e desafíos que enfronta a nosa profesión e virará ao redor de tres eixos: democracia e políticas europeas para as bibliotecas públicas, lectura e ruralidade e sustentabilidade.
O prazo para a presentación de resumos de comunicacións está aberto ata o 18 de xuño ás 23:59 h. e deberán enviarse á seguinte dirección de correo: congreso.publicas@cultura.gob.es, co asunto: "Comunicación para o XI CNBP".
A presentación de boas prácticas é en formato vídeo onde se describa a actividade desenvolta e deberá enviarse a congreso.publicas@cultura.gob.es co asunto: "Boas prácticas para o XI CNBP" antes do 31 de xullo de 2023, ás 23:59 horas.
Temática: as comunicacións científicas e as boas prácticas deben estar relacionadas cos temas do Congreso
Máis información en: XI Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas. Pamplona 18-20 de outubro de 2023
Para calquera consulta, os interesados poden dirixirse ao correo da Secretaría Técnica do Congreso: congreso.publicas@cultura.gob.es