AVISOS
06/10/2021
Xornada profesional de GÁLIX. Desfacendo a Raia VII
Promoción exterior da LIX galega. Estratexias e axentes de mediación

Esta actividade, organizada por GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, sección da OEPLI correspondente ao ámbito galego) en colaboración coa Universidade de Vigo, celebrarase o 13 de outubro, de 10.00 h. a 14.00 h., no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Tamén poderá seguirse en directo a través de UvigoTV-Canle1 en: https//tv.uvigo.es/live/5b60870c8f4208dd20625884

Máis información en: Desfacendo a Raia VII