AVISOS
16/03/2023
Xornada técnica na Biblioteca de Galicia
Un bosque cheo de libros. A literatura infantil e xuvenil en galego na actualidade
A Biblioteca de Galicia organiza unha xornada técnica para coñecer polo miúdo o pasado e o presente da literatura infantil e xuvenil en galego. Baixo o título Un bosque cheo de libros. A literatura infantil e xuvenil en galego na actualidade, a xornada terá lugar o venres 24 de marzo no Auditorio Xosé Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, en horario de 09.00 a 18.30 h. 
 
Tanto a inscrición como os refrixerios programados serán de balde. A inscrición poderá realizarse, a partir de hoxe xoves 16 ás 10.00 h. e ata completar as prazas dispoñibles, na ligazón: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/un-bosque-cheo-de-libros-literatura-infantil-e-xuvenil-en-galego-na-actualidade-xornada .
 
Máis información sobre a xornada no programa.
 
Contacto para a resolución de dúbidas: bibliotecadegalicia@xunta.gal 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS