AXENDA
100 anos de Gianni Rodari
01/09 - 30/09
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Mostra bibliográfica infantil

Gianni Rodari, nado en Omegna (Piamonte) o 23 de outubro de 1920 e finado en Roma o 14 de abril de 1980, foi un escritor, mestre e pedagogo italiano. Obtivo o Premio Hans Christian Andersen en 1970.

A súa principal obra teórica é Grammatica della fantasia (1973), unha recompilación de charlas e coloquios nos que expón un concepto fundamental na literatura infantil e xuvenil do século XX: o binomio fantástico. Na súa obra literaria destacan asemade o impulso de reforma social, cunha atención destacada polos máis pobres e unha sátira humorística pero inflexíbel, contra a alta burguesía italiana.

Conmemoramos o centenario do seu nacemento cunha recompilación das súas obras da colección infantil da biblioteca.

 

Pode visitarse na sala infantil  durante o horario de apertura da biblioteca.