AXENDA
75 aniversario da liberación de Auschwitz
27/01 - 15/03
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Mostra bibliográfica

O 27 de xaneiro de 1945 o Exército Vermello liberaba o campo de concentración de Auschwitz-Birkenau, no sur de Polonia. Desde 2007 nesa data conmemórase o Día internacional en memoria das vítimas do holocausto. Unha data para ter presente o horror dos campos de exterminio nazis onde foron asasinadas millóns de persoas. Entre elas, máis dun cento de galegos: en Mauthausen, Dachau e Sanhsenhausen.

Lembramos ás vitimas cunha mostra no 2º andar. Pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.