AXENDA
#aculturasegue
12/04 - 14/06
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Coruña, A / A Coruña
Campaña galega de lecer cultural na internet

A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de lecer cultural #aculturasegue que nos axude a pasar a corentena, fomentando o uso dos recursos culturais existentes na Internet.

O obxectivo de #aculturasegue. Contidos multimedia é difundir a través desta canle un conxunto diverso de temas monográficos relacionados coa cultura e a lingua en Galicia, utilizando para iso recursos e materiais que lle acheguen á cidadanía unha información sinxela pero enriquecida e útil.

Ao longo destas páxinas accederemos a materias que nos informen da actualidade das nosas institucións culturais e que nos permitan profundar en aspectos monográficos de carácter cultural, lingüístico, turístico ou xacobeo, proporcionándonos novos coñecementos e ferramentas para afondar no que somos e no que fomos.