AXENDA
Antonio Fraguas
02/05 - 31/05
Biblioteca Pública de Lugo
Lugo / Lugo
Letras galegas 2019
Antonio Fraguas Antonio Fraguas

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS

Mostra bibliográfica e Exposición sobre Antón Fraguas Fraguaso autor homenaxeado o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Antonio Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905 – Santiago de Compostela, 1999) é o protagonista do Día das Letras Galegas de 2019. A Real Academia Galega elixiu nesta ocasión un home que traballou arreo para difundir os tesouros que herdamos dos galegos e galegas que nos precederon: a lingua e a cultura popular. A súa vida é un exemplo de paixón polo coñecemento e polo país.

"A miña modesta obra non é máis que un pequeniño gran de area no montón que foron facendo todos aqueles que, de moi distintas maneiras e cadaquén ó seu xeito, traballaron ó longo dos anos, traballan agora e seguirán traballando arreo no futuro, sempre desinteresadamente, non máis que polo ben de Galicia. Por amor á nosa Terra".
(Antonio Fraguas Fraguas)