AXENDA
Asinamos ser libres - Xela Arias Castaño
15/10 - 07/11
Biblioteca Pública de Ourense
Exposición

Esta exposición divulgativa da vida e obra de Xela Arias producida por Ouvirmos toma o seu nome precisamente dunha autopoética da autora publicada no Faro de Vigo en 1984.

A exposición está composta por 12 paneis soportados en estruturas de madeira con texto central e documentación a cargo de Chus Nogueira e fotografías de Xulio Gil, do Arquivo familiar Arias Castaño e do Arquivo Edicións Xerais de Galicia.