AXENDA
Axenda 2030: obxectivos de desenvolvemento sostible
31/10 - 02/01
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Mostra bibliográfica

A Biblioteca apoia os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, é un plan de acción a favor das persoas, o planeta e a prosperidade, que tamén ten a intención de fortalecer a paz universal e o acceso á xustiza.

193 Estados membro das Nacións Unidas aprobaron unha resolución na que recoñecen que o maior desafío do mundo actual é a erradicación da pobreza e afirman que sen lograla non pode haber desenvolvemento sostible.

A Axenda formula 17 Obxectivos con 169 metas de caracter integrado e indivisible que abarcan as esferas económica, social e ambiental. Ao adoptabla, os Estados comprometéronse a movilizar os medios necesarios para a súa implementación meidante alianzas centradas especialmente nas necesidades dos máis pobres e vulnerables.

A través desta mostra que atoparás no vestíbulo da biblioteca, poderás coñecer un pouco máis cada un dos obxectivos da Axenda 2030 e atoparás recursos que che permitirán profundizar máis no coñecemento de cada un deles.