AXENDA
Bebeconto "A viaxe das bolboretas"
18 de Agosto, 11:30
Biblioteca Pública de Ourense
con Chéspir Teatro

Chespir teatro tráenos este xoves un conto para bebés (de 1 a 4 anos acompañados por unha persoa adulta) "A viaxe das Bolboretas"  Un vermiño vai da laranxeira ao limoeiro.  Non é moito camiño , máis será unha viaxe apaixonante... 

Un espectáculo oensado e creado para o smáis cativos, con elementos sinxelos: caixas, luces, cores ... con esta pequena peza pretendemos que os nosos nenos e nenas abran os seus ollos e os seus sentidos.

Para participar nesta viaxe hai que facer inscrición previa, dende o venres anterior a actividade, nos teléfonos 988 788385/386.