AXENDA
A biblioteca máxica
11/10 - 25/10
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Obradoiro de iniciación á maxia con David Méndez 

Conmemoramos o Día da biblioteca con este obradoiro no que practicamos sinxelos xogos de maxia, as técnicas máis importantes para aumentar a capacidade imaxinativa e de coordinación, fomentar a solidariedade mediante o traballo en equipo, perder o medo escénico e falar en público.

Consta de tres sesións de 1 hora e 15 minutos de duración cada unha, os venres 11, 18 e 25 de outubro ás 18:30h.

Dirixido a nenas e nenos de 6 a 14 anos.

É preciso ter carné da biblioteca e inscribirse aquí. Máximo 20 participantes.

O sábado 26 de outubro ás 12h, as pequenas e pequenos participantes demostrarán todo o aprendido no obradoiro nunha gala final.

A entrada á gala é libre ata completar a capacidade da sala.