AXENDA
Cartas, epistolarios e correspondencias
03/10 - 30/12
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica

O xénero epistolar, convertido nunha forma máis de literatura cultivada por numerosos escritores, experimentou o seu máximo esplendor e tamén a súa decadencia durante o século XX. A aparición das novas tecnoloxías da comunicación precipitou o abandono desta tradicional vía de expresión literaria. Con todo, a correspondencia de escritores, políticos, científicos ou artistas rexorde posteriormente en forma de libros, constituindo unha valiosa fonte de información, tanto para reconstruir a biografía dun autor como para coñecer o contexto histórico e social dunha época.

Con esta mostra bibliográfica, a biblioteca desexa presentar ao lector e á lectora unha selección de cartas, correspondencias e epistolarios escritos por nomeados persoeiros pertencentes a todos os ámbitos da cultura. Convertidos moitos deses epistolarios en auténticos ensaios históricos, literarios e científicos, a lectura de cartas de amor, de guerra, de viaxes e de temática política ou científica, permítenos coñecer desde outra perspectiva aos protagonistas da nosa historia e o seu tempo.

No segundo andar. Pode visitarse no horario da biblioteca.