AXENDA
Centenario Galdós
02/03 - 29/10
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Mostra bibliográfica

Dedicamos esta mostra á figura de Benito Pérez Galdós (Las Palmas 1843 - Madrid 1920) xa que neste ano conmemórase o centenario do seu falecemento.

Novelista, dramaturgo, cronista e político español que está considerado un dos máis importantes autores en lingua española xunto a Cervantes. A súa enorme produción de novelas curtas relatan a historia e a sociedade da España do século XIX.

Pode visitarse no 2º andar durante o horario de apertura da biblioteca.