AXENDA
Centenario Isaac Díaz Pardo
22/08 - 30/09
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Mostra bibliográfica

Co gallo do centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo organizamos esta mostra bibliográfica conmemorativa para lembrar a súa vida e obra.

Presentamos unha selección de obras da colección da biblioteca representativas da dilatada traxectoria e fonda pegada no ámbito cultural galego deste autor.

Este compostelán foi un intelectual, artista e empresario galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia, acometendo facetas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor, mecenas de proxectos... Un artista total que foi tamén o emprendedor da quinta etapa de Sargadelos.

 

Pode visitarse ata o 11 de setembro no vestíbulo e desde o 12 ata o 30 na zona de Fondo local, no andar baixo da biblioteca