AXENDA
Chiquicontos
24 de Outubro, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense
Ourense / Ourense
Glub i

O 2º e 4º xoves do mes volve a Chiquiteca á Sala Infantil da Biblioteca.

O xoves 24 teremos a Ramiro Neira con, "Glub i"  hai momentos para compartir, ten que haber moentos para compartir! hai que levar aos nenos e nenas á gradería, ir a traballar, recollelos na gardería, facer a compra, ir ao banco, ao médico, coller o teléfono, voltar á oficina, levalos ao parque...! Existe ese momento onde se pode parar o mundo, onde podemos desfrutar, xogar, imaxinar, agarimar, falar co noso pequeno... É o momento do baño! Onde as burbullas de xabón convértense en historias, soños, contos...

Contacontos para bebés de 0 a 3 anos.

Para asistir a esta actividade precísase inscrición previa que coma sempre pode facerse ben presencialmente ou chamando ao teléfono 988788395. O prazo de inscrición ábrese o luns anterior á realización da actividade a partir das 12.00 h.