AXENDA
Como acabar dunha vez por todas coa literatura galega
23 de Abril, 19:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Charla de Diego Ameixeiras

O xornalista e escritor Diego Ameixeiras vén á biblioteca a conmemorar o Día do Libro connosco.

Nesta charla realiza, en clave irónica, un repaso dos problemas que rodean á literatura galega, con especial atención á súa invisibilidade e falta de lectores e lectoras.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.