AXENDA
Concerto de Cristóbal Schulkin
26 de Xullo, 14:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Guitarra solista

Cedemos o salón de actos a Cristóbal Schulkin para a realización dun concerto no que o guitarrista fai un percorrido musical pola guitarra académica/popular arxentina, con obras de compositores actuais.

Nunha segunda parte mostra un repertorio de músicas de forte influencia étnico folclórica de diferentes países (EEUU, India, Turquía) sempre desde a linguaxe musical da guitarra clásica.

O intérprete comenta as obras e sitúa aos compositores no seu contexto para dar a coñecer a música ao público.

Programa completo do concerto: 

Primeira parte:

I ¿Serás verdad?. II Terruño/ Quique Sinesi (1960)

Milonga de un Entrevero/ Carlos Moscardini (1959)

Invierno Porteño/ Ástor Piazzolla (1921-1992)

Chacarera Ututa/ Juan Falú (1948)

Cielo Abierto/ Quique Sinesi (1960)

Pequeno descanso.

Segunda Parte:

Cold Comfort/ Gareth Pearson (1979)

Libertango/ Ástor Piazzolla (1921-1992)

Ananda/ Johannes Möller (1981)

Koyunbaba. I. Moderato. II. Mosso. III. Andante. IV. Presto/ Carlo Domeniconi (1947)

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.