AXENDA
Concilia Biblioteca
01/09 - 30/11
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Programa de actividades destinado á conciliación no marco do Plan Corresponsables

Co fin de facilitar a conciliación das familias viguesas, a biblioteca acolle un programa de actividades cultural que se realizará de luns a venres non festivos dos meses de setembro a novembro e está dirixido a nenas e nenos de 3 a 10 anos.

As familias que teñan previsto utilizar o Concilia Biblioteca de forma regular do 1 de setembro ao 30 de novembro poderán reservar a súa praza dende o 18 de xullo.

O horario diario de 15.00 a 20.00 h. organizarase en tres bloques:

1. Animación á lectura e realización das tarefas escolares

2. Taller organizado con distintas dinámica e campos variados (inclúe sesións de inglés)

3. Xogo libre e fomento da relación entre o grupo de nenos e nenas participantes

Esta actividade forma parte do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad (Gobierno de España) en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Secretaría Xeral de Igualdade, e está dirixida a familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.