AXENDA
Contacontos interpretado na lingua de signos
22 de Xuño, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Sesión de narración oral para fomentar a integración

Sesión de contacontos a cargo da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG), para nenos e nenas de 6 a 12 anos. 

Integrantes da FAPXG interpretan contos na lingua de signos para os que non poden ouvir e en voz alta para os demais.

No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.