AXENDA
Contamos en igualdade
19 de Agosto, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Sesión de narración oral con Eduvía

Esta contada pola igualdade racha cos estereotipos dos roles tradicionais asignados aos personaxes dos contos en función do seu xénero, idade, etnia ou mesmo condición social, cultural ou funcional.

A través de fermosos contos trataremos de reflexionar sobre a nosa relación cos demais, construíndo entre todos e todas un mundo máis igualitario e pacífico. 

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.

No salón de actos. Entrada libre ata ocupar a capacidade da sala. É preciso recoller unha invitación no mostrador de información 30 minutos antes do comezo da actividade.

 

En aplicación das normas de funcionamento das bibliotecas de xestión autonómica a partir do 22 de xuño de 2020 ata o levantamento da emerxencia sanitaria en Galicia, a capacidade do salón de actos é máis reducida do habitual xa que debemos garantir a distancia de seguridade.

A sala está dividida en 14 grupos de cadeiras e cada un deles pode ser ocupado por ata catro persoas convivintes.

Todas as persoas maiores de 6 anos deben levar máscara. As nenas e nenos menores de 6 anos non teñen a obriga de usala, pero deben estar sempre baixo a vixilancia dunha persoa adulta que se responsabilice do cumprimento das normas de hixiene.