AXENDA
Contos de inverno
01/12 - 31/01
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica infantil

Deixamos atrás a colleita, o outono, os morcegos e as cabazas e adentrámonos na estación máis fría, o inverno. Nesta mostra atoparedes moitos libros e películas cos que acuruxarvos baixo as mantas. Poderedes facervos amigas e amigos de osos que hibernan e outros que se esquecen, coñecer ao apalpador, ter aventuras en terras nevadas e resolver misterios de nadal.

Desfrutade desta xélida selección entre o 1 de decembro e o 31 de xaneiro na sala infantil. Pode visitarse en horario de apertura da biblioteca.