Esta é a historia dun cazador de contos, Peter Hamelin Merlín tamén chamado “Ti”.
Os contos son como bolboretas ou avionciños de papel, hainos grandes e pequenos, hai bolboretas amarelas e contos alegres, hai bolboretas negras e contos tristes, e todos voan por ese marabilloso Mundo das Ideas, no País dos Contos que podedes atopar cando pechades os ollos e pensades...
“Ti” caza contos e ponos en gaiolas que el mesmo fai coas palabras e así, entrégallos a nenos e nenas que abrirán as gaiolas para que saian voando as historias.
Duración: 30 minutos.
Idade: de 0 a 3 anos acompañados por unha persoa adulta.
Prazas limitadas.
As inscricións poden facerse chamando aos seguintes números de teléfono dende o venres anterior á actividade: 988 788385 e 988 788386. Só poderán reservarse 2 prazas por chamada.