AXENDA
Contracultura e underground
11/04 - 11/06
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica

A contracultura son os valores, tendencias e formas sociais opostas ás establecidas nunha sociedade. Underground é un termo de orixe inglesa co que se designa aos movementos contraculturais que se consideran alternativos, paralelos, contrarios, ou alleos á cultura oficial. Desde os anos 1960, o termo utilizouse para designar varias subculturas como a xeración beat, a cultura mod, a cultura hippie, o movemento punk, o hacking, o movemento grunge, o hardcore, a subcultura gótica, o heavy metal, o Hip Hop, etc..

En 2022 é o centenario do nacemento do escritor Jack Kerouac, pioneiro da Xeración Beat e proxenitor do movemento hippie. Na Biblioteca Ánxel Casal aproveitamos a efeméride para facer un percorrido polas creacións dos movementos contraculturais dende os anos 50 ata a actualidade.

No segundo andar. Pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca