A actividade de Conversas en inglés ten por obxectivo a creación dun espazo dirixido
a persoas entusiastas desta lingua estranxeira. Un lugar onde reunirse e dedicar
tempo á práctica da lingua inglesa nun ambiente relaxado, tranquilo e de lecer.
Contaremos cun grupo reducido para participar mediante unha metodoloxía práctica
e interactiva nunha inmersión natural en inglés para ampliar vocabulario, mellorar a
expresión e gañar fluidez na comunicación a través de lecturas, xogos, traballo en
equipo, role play etc..
Horario: martes de 18:00 a 19:30
Público xuvenil e adulto
Inscrición previa na web da biblioteca dende o 17 de xaneiro