AXENDA
Curso de español para estranxeiros e estranxeiras
04/02 - 25/02
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Coruña, A / A Coruña
Impartido por Judith Díaz Taibo

A Biblioteca acolle un curso de español para estranxeiros e estranxeiras impartido pola voluntaria Judith Díaz Taibo. Terá lugar todos os luns de febreiro e para participar nel é preciso inscribirse previamente.

 

Máis información

Datas: Días 4, 11, 18 e 25 de febreiro

Horario: De 18:00 horas a 20:00 horas

Lugar: Vestíbulo da Biblioteca

 

NOTA: Lembra que debes realizar a inscrición previa enchendo este formulario.