AXENDA
Debuxando mundos desde aquí
08/01 - 31/01
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Santiago de Compostela / A Coruña
Mostra bibliográfica infantil

O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, a iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), para lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural.

Conmemorámolo con esta selección de obras da Literatura infantil e xuvenil ilustradas por profesionais galegos e galegas. 

Pode visitarse na sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca.