AXENDA
Educación en feminino: un paseo pola historia
28/02 - 30/03
Biblioteca Pública de Lugo
Lugo / Lugo
II exposición de pósters elaborados polo alumnado da materia Teoría e Historia da Educación escolar
Mestras e pedagogas mestras e pedagogas mestras e pedagogas mestras e pedagogas

Esta exposición reúne os 24 pósters presentados,correspondentes a outras tantas educadoras (ou colectivos de educadoras) teóricas e/ou prácticas, de distintas xeografías e referidas a direrentes épocas históricas (con especial atención a Galiza e á Idade Contemporánea), ordenados pola data de nacemento das súas protagonistas. Cada grupo de estudantes da materia elixiu unha educadora relevante, do pasado ou do presente, sobre a que preparou libremente e realizou unha presentación na clase.

María Barbeito, Hipatia de Alexandría, María Wonenburger, Marisol Fernández, Anne Sullivan, Rosa Sensat, Alicia López, Helen Parkhurst, Concepción Arenal, Jeanne de Lestonnac, Maria Montessori, Ángela Ruíz, Antía Cal, Rocío Ramos-Paúl, Bibiana Marful... son algunhas das educadoras que a exposición pon en valor, segundo a peculiar maneira de observalas de quen serán as mestras e mestres do alumnado galego no prazo duns poucos anos.

1ºCurso do Grao en Mestre/a de Educación Primaria e do Dobre Grao. Facultade de Formación do Profesorado (Campus Terra, USC). Ano académico 2018-19.

 

Sala de exposicións da Biblioteca Pública de Lugo

Datas: 1 ao 30 de marzo

Acceso libre e aberto, segundo horario de apertura da Biblioteca