AXENDA
Eu decido a historia
10/11 - 24/11
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Coruña, A / A Coruña
Obradoiro de escritura creativa con Andrea Barrera Freije

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do
formulario da páxina web.

Lugar: Salón de actos

Datas: Martes 10, 17, 24 de novembro

Horario: de 18:45 a 20:15 horas

O presente Obradoiro de narrativa busca aprender a escribir relatos dun xeito
critico e ameno, no que se explican as ferramentas precisas para construir un
relato.

En “Eu decido a historia”, reflexionaremos sobre que funciona e que non
nas lecturas; sobre que libros nos atraen e cales son os elementos narrativos
que fan posible isto. Todo para aprender a construír as historias que non
nos contaron, os sentimentos que as moven o os actos que as empurran.

OBXECTIVOS

1.Aprender a construír un relato

2.Coñecer os elementos narrativos

3.Relacionar ideas a partir das causas e consecuencias

4.Aumentar a comprensión lectora

5.Eliminar medos e inseguridades da lectura cara ao público

6.Desenvolver a capacidade de crítica construtiva

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade
cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as
medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen
riscos, no marco da biblioteca.